Xa queda menos de unha semana para rematar o tempo da CORESMA. Un tempo no que á carón de Xesús, percorremos coa intención de ir transformándonos. Na parroquia quixemos destacar, cada domingo, o que nos criamos mais importante de cada evanxeo. Aquí vos deixo a imaxe e logo, a modo de resumo e pulo, lembraremos cada imaxe en particular.
CADEAS ROTAS:
O primeiro domingo rompimos as cadeas das tentacións. O que nos ata e non nos deixaba nin comezar este tempo.
OIDOS ATENTOS:
"Escoitadeo" que invitación, que non obrigación. Un tempo de escoita, de orientarnos nun mundo cheo de ruidos. Pero saber escoitar a Deus nos demais especialmente nos que petan as nosas portas.
O POZO DAS REALIDADES:
Non queremos que sexa o pozo dos desexos senón o das realidades. O amor xa é unha realidade nas nosas relacións. A vida chega a nos na súa plenitude, está as portas, acollámola, disfrutémola. E a alegría que reborda no nosos ocrazón. Contida si, pero conscientes de que é Xesús quen a colma.
OLLOS ABERTOS:
"Señor que vexa" Cantas veces le pedimos esto ó Señor? Señor que vexa: que non todo da igual, que non todo o fan os outros, que non todo é deixarse levar, que non todo é indiferencia, que non todo é menos prezo. Nos somos os ollos de Xesús.
MANS SOLIDARIAS:
Foi este domingo, está fresquiño. As mans dos amigos. As mans de Xesús. As mans que rompen cadeas. Que orientan a orella cara onde está a peticións. Que sacan auga de vida, de amor e alegría do pozo de Deus. Mans que limpan os ollos que están cansos, que teñen suciedade de egoismo e individualismo.
ANIMO!!!!!!! O DOMINGO CRUZAMOS AS PORTAS DA MORTE CARA A VIDA. NON TEÑAMOS MEDO QUE XESÚS VAI CONNOSCO. LÉVANOS DA MAN PARA VIVIR COMO EL VIVIU.
Ningún comentario:
Publicar un comentario