A PAIXÓN DO SEÑOR. Venres Santo (Ciclo A)
Nesta
tarde de Venres Santo, convocados para seguir avanzando cara á Pascua de vida e
resurrección, xuntámonos na igrexa para compartir o contrapunto da experiencia
da vida: a sensación de fracaso e frustración. Pero compartir non significa
quedar nela, senón descubrir que necesitamos superar este paso, nada doado e
tan difícil sempre para nós. Quen non ten experimentado na súa vida a sensación
de impotencia, derrota, incapacidade ou tristura?. A diferenza de quen non ten
a Xesús como referencia no camiño, os cristiáns, diante destas situación non
reaccionamos nin con resignación nin tampouco mirando cara outro lado, como se
a cousa non fora con nós. Ao contrario, a experiencia de Xesús ábrenos unha
perspectiva, senón nova, si polo menos distinta: Deus non nos deixa solos,
senón que nos acompaña, facéndose compañeiro no camiño para superar a sensación
de derrotismo e fracaso. Diante das cruces que a tod@s nos chegan, a experiencia
cristiá dinos que non podemos volver a cara, senón buscar persoas, medios e
convencemento para superalas e non deixarnos ir cara á morte. Porque esta non é
o final do camiño, non nos limitemos a cantalo sen sentilo: traballemos para
vivilo, convencid@s de que a santidade desta semana remata na ledicia da pascua.
(Remol. Venres Santo A)
Ningún comentario:
Publicar un comentario