martes, 22 de abril de 2014

22 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA NAI TERRA

Cada 22 de Abril dende 1970, Nacións Unidas, invítanos a que celebremos o "Día Internacional da Nai Terra".
Este ano céntrase nas "Cidades Verdes". A maioría da poboación mundial vive nas cidades, polo tanto estas, son un medio de contaminación e degradación do medio moi importante De aí o chamamento a que as nosas cidades melloren.
Enerxias renovables, eficiencia enerxética son cambios de actitudes nas nosas cabezas cara un equilibrio ambiental.
É responsabilidade nosa promover a armonía coa natureza e a terra para alcanzar un equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientales das xenracións presentes e futuras.
E non hai que insistir en que nós como cristiáns somos os primeiros en arrimar o hombro para coidar o regalo de Deus que é a terra e cooperar na creaciñon por medio do progreso.
 

 

Ningún comentario: