luns, 2 de xuño de 2014

XORNADA MUNDIAL DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL (1 de Maio)


Onte, 1 de Xuño, a Igrexa celebra a "Xornada Mundial dos Medios de Comunicación Social" baixo o lema "La comunicación al servicio de una auténtica cultura del encuentro"
No noso mundo, tan interconectado, a "Aldea Global" (Marshall McLuhan), cobra unha maior relevancia xa que a información chega ó momento. Fecebook, Twitter, Instagran, Google+, Pinterest,... son plataformas de comunicación e de compartir ideas, valores, proxectos, cooperacións, etc... de aí a importancia de que os cristiáns esteamos inxertados activamente nestes medios. Son as novas "Azoteas da Información".
Despois da tempestade de comentarios desafortunados e delictivos en  Twitter a raiz de algúns feitos desgraciados, a mensaxe que nos propón a Igrexa para este día é todo o contrario. É a cultura do encontro a que nos chama a implicarnos no: encontro de ideas, encontro de culturas, encontro de sensibilidades, encontros de opinións...
Non teñamos medo e evanxelicemos dende estas novas plataformas que a tecnoloxía pon ó servicio de tod@s.

Si "facedes clic" na imaxe da campaña teredes un enlace os materiais da campaña.


Ningún comentario: